E coouse o covid-19

Manuel García Reigosa
M. G. Reigosa O PERISCOPIO

ANDAR MIUDIÑO

XOAN A. ADOITAR

31 dic 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Probablemente non haxa colectivos máis controlados para evitar contagios polo coronavirus que o dos futbolistas de Primeira e Segunda División e o dos xogadores de baloncesto da Liga Endesa. Todas as semanas teñen controis PCR antes dos partidos. E saben que están obrigados a restrinxir ao máximo a súa vida social, limitala ás paredes de casa e as das instalacións deportivas nas que se exercitan habitualmente. Pois, aínda así, o covid-19 cóase sen chamar á porta, abóndalle cun pequena regaña.

Xogadores e técnicos do Obradoiro levan máis de vinte probas PCR desde que arrincou a competición. A última, a pasada semana, antes de viaxar a Murcia. Á volta dese encontro apareceu un primeiro caso con síntomas, e horas despois constatáronse cinco contagios máis. Así de doado multiplícase, mesmo en grupos que tratan de pórllo difícil.

Non resulta complicado pensar que pode suceder en contextos entre quen menoscaban ou fan caso omiso do uso das máscaras e da distancia social. Quen non lle pon hoxe cara e nome a alguén coñecido que se contaxiou co covid-19?

Antes de que arrincase a campaña de Nadal, un amigo que coñece ben a facilidade coa que se propaga este coronavirus lembrábame que no mes de xullo estabamos nuns 50 positivos por cada 100.000 habitantes. Agora xa superamos os 200, e subindo. Como puxo de moda o anuncio, pouca broma.