O último esforzo de Aquiles

Miguel Gómez O ESCÁNER

ANDAR MIUDIÑO

XOAN A. ADOITAR

22 novs 2020 . Actualizado ás 00:22 h.

The sweet refrain soothes the soul and calms the pain. Oh Albion remains sleeping now to rise again. (Achilles last caseta; Led Zeppelin).

É unha tempada atípica, sin duda. Non me creredes (e facedes ben) pero Moncho e Mateo, temendo contagios en cadea, visitaron a un meigo. Recibiunos nun galpón escuro, serviuse un groliño de augardente, bebeu dun grolo, puxéronselle os ollos en branco e falou: «Invencibles mergullados no Sar, pola inestable liga paso ao Obradoiro aberto».

Un a un, suxeitados polos nocellos, foron metendo de cabeza a todos os xogadores no Sar. Podía agardalo de calquera, pero non de Moncho. ¡Que es licenciado en Historia, home! Tanto libro, tanto libro e non ter lido a Aquileida de Estacio. En fin, era visto, o equipo comezou a tempada xogando como os deuses pero tiña un punto débil, os nocellos; como Aquiles, era humano.

Burgos está un chanzo, ou dous, por amais . levaron a Kravic; teñen en Rivero ao noso Daum; McFadden, como Laprovittola, parece que só veu á liga Endesa para xogar ben contra o Obradoiro e, sobre todo, ten un base que anota mentres dirixe, Cook, e outro que dirixe mentres anota, Renfroe.

Frearon a Beliauskas e a Robertson e ao Obra faltábanlle tantos puntos exteriores como lle sobraban perdas de balón. A defensa burgalesa lograra sacarnos do noso xogo obrigándonos a que fose Enoch o xogador que asumise máis tiros de campo. O Obra intentaba pelexar pero Renfroe, cada vez que tensaba o seu arco, acertábanos nos nocellos. Como Albion, volveremos rexurdir.