Tempo de certezas

Miguel Gómez O ESCÁNER

ANDAR MIUDIÑO

Sandra Alonso

18 oct 2020 . Actualizado ás 01:10 h.

Vivimos momentos de incerteza pero, se temos certeza do incerto, deixaría de ser tempo de incerteza? ¡Caramba, o gran \IsaiasLafuente! Esta semana chegoume un aviso por «o grupo» de whatsapp : Facede provisión de papel hixiénico, en Nadal confínannos. Pouco tardaron en responder: nin de coña, se deixan ao comercio minorista sen campaña de Nadal, rematan de afundilo. Polo si ou polo non, chamei a Prime jr., o fillo de Amazon e chegamos a un acordo: eu non vendo aceiro inoxidable por Internet e eles non escriben sobre o Obradoiro en La Voz de Galicia.

O primeiro cuarto de GBC foi un horror (2 de 20 en tiros de dous puntos) e o Obradoiro, que dominaba o rebote, corría e anotaba con facilidade, chegou a ter vantaxes de doce puntos.

Oroz cambiou ao seu equipo no segundo cuarto e GBC foise ao descanso con opcións de partido, pero no terceiro cuarto non puideron cos triplos de Alex Suárez, as canastras de Czerapowicz, a dirección de Pozas nin, sobre todo, co sorriso de Birutis. Aínda así non se rendeu GBC pero remontar dezaseis puntos gotícula a gotícula era misión imposible. Chegou a cuarta vitoria do Obra en cinco partidos deixando a sensación de que aínda queda marxe de mellora se os xogadores que se incorporaron máis tarde rematan de adaptarse ao equipo. ¡Viva Flügge!