A afección agarda agora a confirmación da fichaxe do lituano Laurynas Birutis

Ignacio Javier Calvo Ríos
NASO CALVO SANTIAGO / LA VOZ

ANDAR MIUDIÑO

cedida

Xogador de 2,13 metros de estatura e 22 anos de idade, que militou no Zalguiris

07 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Ademais da incorporación deste novo base, o club compostelán podería confirmar tamén de forma oficial nas próximas horas a chegada á caldeira de Sar de Laurynas Birutis, xogador lituano de 2,13 metros de estatura e 22 anos de idade, que militou no Zalguiris as dúas últimas tempadas.

De momento, Moncho Fernández contará con dúas caras novas no seu enésimo proxecto na Liga Endesa. Un verán máis, o conxunto da capital galega deberá reinventarse tendo en conta a fuga de xogadores tan importantes e relevantes como Brodziansky, que deixa Sar despois de dúas grandes campañas para vestir a zamarra verdinegra do Joventut de Badalona. A marcha do pivote deixará nas arcas do club compostelán unha interesante cantidade de diñeiro pola cláusula dun xogador que brindou grandes actuacións en Santiago.