Menos dun punto por lanzamento

Fran Camba O ESCÁNER

ANDAR MIUDIÑO

Oskar_Matxin_Edesa

08 mares 2020 . Actualizado ás 23:23 h.

Tl Obra completou en Bilbao o segundo terzo da tempada cunha porcentaxe do 39 % de vitorias, por amais do 33 % que é o obxectivo do curso pero coa sensación de levar tres partidos rendendo por baixo do nivel agardado.

É a segunda vez que se encadean tres derrotas seguidas. A primeira ocasión foi a serie Unicaja - Burgos - Andorra, tras a cal chegaron as brillantes vitorias sobre Valencia e Manresa, ambas as en Sar, onde o equipo buscará refuxio fronte a Joventut o vindeiro sábado.

O partido de Miribilla escapóuselle demasiado pronto ao Obra, e as causas hai que buscalas non tanto na cantidade de erros canto na gravidade dos mesmos. Non é normal acumular case 30 puntos de desvantaxe ao final do encontro se se superan o 70 % das capturas defensivas, pérdense menos do 15 % das posesións xogadas e lánzanse case o dobre de tiros libres que o rival. Con estes parámetros en valores de rendemento máis que aceptables, só queda buscar a causa da avultada derrota no acerto nos lanzamentos de campo e na capacidade para defender eses lanzamentos.

O Obra volveu render por baixo de 1 punto por tiro de lanzamento de campo, igual que nos dous partidos anteriores que completan a serie de tres derrotas (Baskonia e Murcia). Na actual campaña de Liga Endesa, anotando menos de 1 punto por lanzamento só se gañan o 24 % dos enfrontamentos, polo que o normal é ter perdido estes partidos a pesar do bo dato no rebote defensivo e nas perdas. Ademais, das 12 xornadas xogadas en Sar, só en tres o equipo hase quedado por baixo desa fronteira que supón conseguir polo menos 1 punto por cada lanzamento, motivo suficiente para confiar en volver á vitoria.