Brodziansky reparte méritos

La Voz

ANDAR MIUDIÑO

Sandra Alonso

O pivote, elixido mellor xogador de Eslovaquia de 2019

20 feb 2020 . Actualizado ás 21:18 h.

Vladimir Brodziansky foi o máis votado nunha enquisa da Asociación Eslovaca de Baloncesto para elixir ao mellor xogador do ano 2019. En declaracións recollidas polos medios do club, reparte agradecementos e méritos: «É unha gran honra que me deron este premio. Os galardoados anos anteriores son xogadores incribles. Agradezo a todas as persoas que me votaron. É unha motivación extra para seguir traballando duro. Estou máis que seguro de que a experiencia que estou a obter no Monbus Obradoiro axudoume a recibir este premio. Teño grandes adestradores e compañeiros dos que aprendo cada día».