Cabaleiros da canastra cadrada

Miguel Gómez O ESCÁNER

ANDAR MIUDIÑO

erredehierro

09 feb 2020 . Actualizado ás 22:23 h.

Déixache de Cohen, Waits ou Sisa -asaltoume o outro día un amigo na rúa- e cita referencias actuais como Sergio Ramos, Christopher ou o DJ Mario. Púxenme a buscar algunha canción do DJ ese en Youtube e resultou non ser cantante senón xogador do FIFA. Agora si que me mataches, pensei, e o que se morreu, divinamente, iso si, con que parsimonia, con que gradación, foi José Luis Corda.

De saída tomou o mando Baskonia. O acerto de Brodziansky desde o triplo e de Kravic na pintura igualaron o partido pero, finalizando o segundo cuarto, dous erros infantís permitiron aos locais irse ao descanso con 6 puntos de vantaxe. Que quería eu falarlle de Dostoievski -dixo Corda. Levar a leste con Terry Jones -ordenou San Pedro a un grupo de arcanxos que pasaba por alí. Á volta dos vestiarios, aproveitando que, tras fallar un triplo, o Cabaleiro Negro Obradoiro deixara desprotexida o seu defensa, o Rey Arturo Shengelia cortoulle un brazo á altura do ombro. Desangrábase o Obra e Moncho, sen resultado algún, trataba de animar aos seus xogadores: ¡Non sodes negros, sodes minoría étnica! Ata 15 triplos seguidos fallaría o Obra mentres o Rey Arturo Shengelia íalle cortando o outro brazo, unha perna, a outra…