Brillaron os pivotes nun partido moi coral

ANDAR MIUDIÑO

XOAN A. ADOITAR

Mike Daum axudou no poste baixo e na longa distancia

27 ene 2020 . Actualizado ás 00:39 h.

Pozas

8 Xoga cunha dor aguda nun pé. Puxo carácter e cabeza na dirección e tamén soubo buscar o aro.

Magee

6 Non acaba de estar fino no seu forte, o tiro de tres. Atrás sofre no un contra un.

Czerapowicz

9 Defensas, rebotes, triplos. Unha vez máis brillou en tarefas de mantemento. E non se achicou nos segundos finais.

 De Zeeuw

8 Talvez o seu mellor partido no Obradoiro. Foi titular e deixou o seu selo nos dous lados.

 Kravic

8 Partidos moi completo. Mellor que outras veces atrás, en rebotes e tapóns. En ataque deixou algúns pasos de ballet.

 David Navarro

8 Foi un dos artífices da remontada no último cuarto. Dirixiu con apromo e aplicouse con intensidade en defensa.

 Daum

9 Volveu xogar moitos minutos como aleiro. Cumpriu con fartura, no tiro e no poste baixo. E anotou unha canastra que valíó o 90 % do partido.

 Vasileiadis

5 Ben no pase. En todo o demais non foi o seu mellor día.

 Brodziansky

8 Non tivo altibaixos. Fixo moito dano ao Valencia cos seus tiros de longa distancia. Axudou en todas as frontes

 Font

-Non cualifica, tivo unha presenza testemuñal no partido.