O equipo infantil xogarase unha praza na Minicopa fronte ao Gran Canaria

ANDAR MIUDIÑO

JMCASARES.COM

Dobregou ao Manresa e ao Zaragoza na segunda xornada

07 dic 2019 . Actualizado ás 20:53 h.

O Cenor Obradoiro aínda ten opcións de disputar a fase final da Minicopa. Clasificouse como segundo do seu grupo e xogarallo toda a unha carta a partir das 10 da mañá fronte ao Gran Canaria, que acabou como segundo do grupo D tras caer ante o Barça: 73-59.

Na xornada inaugural o conxunto santiagués caeu por cinco puntos ante o Tenerife. E gañou por esa mesma diferenza ao Manresa, 65-60. E o Manresa venceu por só tres ao Tenerife. Houbo triplo empate a dúas vitorias e todo se decidiu no último tiro do partido entre o os cataláns e os insulares. O marcador reflectía xa o 72-69 e o Manresa tivo a última posesión. Se anotaba de tres pasaba como primeiro e quedaba fóra o Tenerife. Se anotaba de dous, quedaba fóra o Obradoiro. Lanzou de dous e o balón non entrou.

Hadji Diahame volveu ser o xogador que marcou as diferenzas nos dous partido do sábado. Ante o Manresa anotou 27 puntos e capturou 23 rebotes. Fronte ao Zaragoza, que xa non se xogaba nada (96-66), asinou 31 puntos e 28 rebotes en só 25 minutos.