Álvaro Muñoz segue fóra de grupo

La Voz

ANDAR MIUDIÑO

PACO RODRÍGUEZ

Mantén o cartel de dúbida para recibir ao Andorra

20 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Álvaro Muñoz foi baixa de última hora para o partido de Manresa e nin sequera viaxou co resto de compañeiros. Volveu torcerse o nocello no que sufrira unha escordadura no encontro disputado en Murcia. O aleiro empezou a semana fóra de grupo, facendo exercicios específicos para tratar de acelerar a recuperación. De momento segue co cartel de dúbida para recibir ao Andorra. Está previsto que vaia forzando algo máis para ir probándose e decidir cara a final de semana se está en condicións de entrar na convocatoria. A única baixa segura é a de Kostas Vasileiadis, que prosegue co seu plan de recuperación para non perder o ton físico, sen poder utilizar aínda o brazo operado.