Pamplona 19

Miguel Gómez

ANDAR MIUDIÑO

SANDRA ALONSO

14 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Empecei a semana como unha moto. Desde a prata de Los Ángeles 84 ningunha medalla servira tanto de escaparate para un deporte como o bronce de Viravolta en Pamplona. De feito, cando me chamou Reigosa, pensei que me ía encargar un artigo sobre penchés ou kabaevas e non sobre a defensa do Obradoiro. ¡Telita!

Encaixar 92,5 puntos por partido é unha laxa pero, antes de levarnos as mans á cabeza, deberiamos ter en consideración un par de matices: xogáronse tres prórrogas e, en sete dos oito partidos, enfrontámonos a equipos clasificados entre os oito primeiros. Unha vez matizado, llevémonos as mans á cabeza: 92,5 punti contro sono molti punti.

Na ACB págase o talento pero, aínda máis, págase o físico. Sempre foi así. Non é só que Barça, Madrid ou Baskonia teñan máis talento que ti, é que, cando se lles complican os partidos, sácanche da cancha «a gorrazos». Aqueles persoais do Obradoiro que deixaban ao seu rival en menos de 70 puntos tiñan máis de traballo e coordinación táctica (Oriol, Corbacho…) que de grandes defensores individuais. Neste equipo hai moito xogador novo que aínda non se adaptou á esixencia táctica desta liga onde, calquera erro, calquera descoordinación, cústache dous puntos senón tres. Nada que non se arranxe a base de repeticións nos adestramentos e dalgún pau ou lanzamento de lousa de Moncho.