Moncho Fernández lamenta os últimos cinco minutos

ANDAR MIUDIÑO

LOF

Considera que o Obra regalou o partido tras un gran esforzo por recuperar terreo

13 oct 2019 . Actualizado ás 00:35 h.

Moncho Fernández acabou dándolle voltas o tramo postremeiro do choque, no que ao Obradoiro non lle saíu nada a dereitas. Así resumiu a contenda: «Vou empezar polo final. Creo que nos cinco últimos minutos de partido, despois de ter feito un esforzo enorme para que chegase vivo e puidésemos competilo, regalámolo. Cometemos numerosos erros en defensa e en ataque, con perdas regaladas que nos custaron a diferenza final. Para chegar a estes cinco últimos minutos fixemos un primeiro cuarto e medio bastante bo. De novo, neses minutos finais a falta de acerto e o que si tivo o equipo local permitiu ao Tenerife coller unha vantaxe importante. E despois de facer o máis difícil, que era volver, o final do terceiro cuarto foi o prólogo do que nos ía pasar no cuarto. Temos unha acción para intentar pórnos por diante e perdemos un balón que nos custa unha bandexa. E ímonos tres abaixo».

O técnico santiagués non restou merecementos ao partido local, pero abundou na explicación dos erros do seu equipo: «Huertas fai varias canastras de moito mérito. Pero hai varias, en accións de pick and roll nas que estamos desacertados. Refírome a unha canastra cando sabiamos que nos ían xogar esa acción. E a dúas perdas no saque de fondo tras canastra ou tiro libre recibido. Pero sin duda tamén dixen que hai moito mérito do equipo local».