Spires segue no Obradoiro

LA VOZ SANTIAGO

ANDAR MIUDIÑO

PACO RODRÍGUEZ

O pivote asegura que a súa continuidade no Obradoiro «significa moito»

18 jul 2019 . Actualizado ás 12:09 h.

Nick Spires seguirá no persoal do Obradoiro o próximo curso. O pivote, de 2,10 metros de altura e 25 anos de idade, iniciará a súa terceira tempada no club compostelán, ao que chegou en novembro do 2017. Na pasada campaña, asinou unhas medias de 3,6 puntos, 2,8 rebotes e 0,7 tapóns en 11,3 minutos por partido. Disputou coa camiseta obradoirista un total de 29 encontros.

Para o xogador, a súa continuidade no Obradoiro «significa moito». Explica que é moi importante «seguir e competir nunha das mellores ligas de Europa, ademais de facelo nun sitio que xa considero como unha casa para min». Sinala que está «moi contento» e lembra que ten «moitísimas ganas de volver a Santiago e afrontar unha tempada máis coa camiseta do Monbus Obradoiro».

Desde que arribou á capital galega, Nick Spires di que aprendeu moitísimo, «non só como xogador, senón como persoa. Agora síntome moito máis cómodo xogando a este nivel. Sei que son capaz de axudar ao equipo coas miñas cualidades como xogador e, aínda así, vou seguir mellorando cada día. Creo que o Obra é o mellor sitio para dar un paso máis na miña carreira profesional».

Sobre o que lle agarda ao Obra o curso que vén, Nick Spires apunta que «cada tempada é diferente. Agardo que poidamos REVISAR facer que a afección e a cidade estean orgullosos de nós. Imos intentar representar ao club do mellor xeito posible. O que teño claro é que, como en cada campaña que xogo, vou gozar do que estou a vivir porque sei que son moi afortunado por poder facer o que quero e gústame».