Kostas Vasileiadis apela á defensa

Manuel García Reigosa
M. G. REIGOSA SANTIAGO / LA VOZ

ANDAR MIUDIÑO

XOAN A. ADOITAR

Agarda un partido no que o Obradoiro estea «forte atrás e con confianza en ataque»

26 abr 2019 . Actualizado ás 19:14 h.

O vestiario do Obradoiro sempre se significou pola capacidade para abstraerse de consideracións e pór o foco no partido máis inmediato. E esta semana non é unha excepción. Así o significa Kostas Vasileiadis, un dos veteranos do persoal

O aleiro grego ve ao equipo «ben, nunha boa liña de traballo, adestrando moi ben». Aínda así, os últimos resultados non foron bos. Pero iso xa é algo inamovible, polo que só pensa no sábado: «Seguro que temos opcións de gañar, iso si, sabendo que debemos estar moi fortes os corenta minutos, preparados mentalmente, como nos primeiros dous cuartos ante o Fuenlabrada».

Subliña que é momento para ter a cabeza fría: «Temos once vitorias, tres sobre o último. Gañamos en canchas moi complicadas, como en Valencia. Aquí ao Málaga. Xogamos moi ben en Barcelona. Podemos plantar cara a calquera rival. Non podemos estar a mirar cara a baixo. Hai que seguir traballando e ver o seguinte partido. Non hai outra cousa. Isto é moi longo para todos».

Riqueza táctica

Na segunda volta, máis que na primeira, os rivais prestan máis atención á defensa do perímetro santiagués porque saben que é aí onde o equipo ten máis puntos. Vasileiadis considera que é algo lóxico e que o colectivo ten unha riqueza táctica suficiente para buscar alternativas: «Ven que temos moitos sistemas para os tiradores. Pero tamén os hai para os grandes, que nos poden axudar despois dos bloqueos, cortar cun pase para meter canastras doados, os bases facendo o pick and roll... O libro de xogadas é moi completo e se un día non podemos meter de fóra polas defensas ou por pouco acerto, hai moitos xogadores que poden axudar».

Moncho Fernández, na rolda de prensa tras o partido de Fuenlabrada, Spires case ao mesmo tempo ou Pozas, esta mesma semana, apuntaban ao bajón defensivo do equipo cando perde fluidez en ataque. O aleiro heleno recoñece que por ese flanco hai marxe de melloría: «Pode ser que a defensa se resinta cando non metemos. Pero non debe ser así. Se non facemos puntos, temos que estar moi fortes igualmente atrás para non recibir canastras e xogar con confianza para anotar no seguinte ataque. É algo que debemos cambiar. Hai que estar fortes atrás, sempre, e con confianza en ataque porque temos moitos xogadores para facer puntos. En defensa debemos estar máis fortes».

Ese é o aspecto que máis debe coidar o Obradoiro nun partido de dobre valor para os dous contendentes: «Xóganse as vida, igual que nós. Son un equipo con moito talento, que van xogar ante a súa afección. Iremos a lume de biqueira, pensando só en tratar de gañar este partido».

Destaca que «agora teñen tiradores. Hai dous meses ficharon ao americanos Zeisloff. Teñen bases con mentalidade anotadora. Os grandes agora están moi ben. É un equipo complicado».