Os xogadores do Obradoiro pecharon a semana cunha sesión regenerativa

LA VOZ SANTIAGO

ANDAR MIUDIÑO

cedida

Os pupilos de Moncho Fernández teñen uns días de descanso antes de regresar de novo ao traballo diario

16 feb 2019 . Actualizado ás 21:36 h.

O persoal do Monbus Obradoiro completou unha semana de adestramentos que finalizou cunha visita ás instalacións do Congreso. Os xogadores, acompañados polo preparador físico, Rubén Vieira, gozaron dunha sesión regenerativa no SPA, realizando estiramentos, utilizando os contrastes das piscinas de auga quente e fría, así como os jacuzzis, saunas e os distintos tipos de duchas.

Vieira sinalou que o obxectivo desta sesión é «acelerar o proceso de recuperación, tanto para os xogadores que descansarán a fin de semana e reincorporaranse ao traballo co equipo a semana que vén, como para Llovet, Obst, Hlinason e Spires, que se van coas súas respectivas seleccións». Os pupilos de Moncho Fernández terán uns días de descanso antes de regresar de novo ao traballo diario.

Todos os abonados do Obradoiro poden beneficiarse de descontos con tan só presentar o carné nas instalacións do SPA do Congreso.