Brodziansky & Vasileaidis asociados

ANDAR MIUDIÑO

PACO RODRÍGUEZ

Comparten condición de máis valorados da xornada xunto con Beirán

21 ene 2019 . Actualizado ás 11:48 h.

A última xornada da primeira volta ha deixado unha desas curiosidades estatísticas que entran no terreo da excepción. E aí o Monbus Obradoiro adoita manexarse ben. Unha vez computados todos os partidos, son tres os xogadores que comparten a máxima valoración, 25 créditos. Non é habitual. E, menos aínda, que dous deles defendan o mesmo escudo, como é o caso do pivote Vladimir Brodziansky e o aleiro Kostas Vasileaidis. Un deu un curso nas proximidades do aro, o outro no perímetro, e os dous sumaron en case todos os apartados. De feito, é un expediente coas notas tan repartidas que non lles abondou para entrar no cinco dos máis destacados, como si lle sucedeu a Beirán, que repartiu oito asistencias.

En valores absolutos, o máis valorado foi Alec Brown, pivote do Breogán con pasado en Sar. Totalizó 27 créditos, pero o seu equipo perdeu e as normas da ACB establecen que para ser MVP da xornada é condición sine qua nom gañar a contenda. O rexistro halle valido para formar parte do cinco, xunto co xa mencionado Beirán, Roberts (23 puntos co Málaga) e Jerome Jordan (catro tapones para o Andorra).

Brodziansky acabou con 19 puntos no seu haber, 8/12 en tiros de dous, ¾ en triplos, sete rebotes, unha asistencia, un balón roubado e outro perdido.

Vasileiadis asinou 18 puntos, 2/3 en tiros de dous, 4/10 en triplos, dous tiros libres sen fallo, cinco rebotes, cinco asistencias e tres balóns roubados. E bótase en falta algunha persoal máis das que lle pitaron.