Pepe Pozas: «Fixemos un traballo inmenso»

Ignacio Javier Calvo Ríos
NASO CALVO SANTIAGO / LA VOZ

ANDAR MIUDIÑO

PACO RODRÍGUEZ

«Tivemos algunhas dúbidas ao principio, pero subimos o nivel na segunda parte, explica o base do Obradoiro

21 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Pepe Pozas era un home feliz, polo seu bo partido e pola gran vitoria. «Fixemos un traballo inmenso durante todo o encontro. Tivemos algunhas dúbidas ao principio, pero subimos o nivel na segunda parte. Fixemos grandes defensas no último cuarto e complicámoslles a vida», explicou o base andaluz. Ao mesmo tempo, o capitán obradoirista destacou que nos tiramos moitas semanas falando das perdas e sabemos que podemos subir o noso nivel se conseguimos controlar iso. Hoxe forzamos moitas perdas do rival apertando un pouco máis e saíunos ben».

Sobre a súa actuación, Pozas apuntou que sempre xoga «coa máxima intensidade». Tamén subliñou sobre o choque que «o rival é moi bo, difícil de defender, o que lle dá maior valor ao que conseguimos. Vale o mesmo gañarlle ao Málaga que a outro, pero animicamente válenos moito esta vitoria. Significa moito polo traballo que realizamos».