O 1x1 do Obradoiro en Fuenlabrada

Brodziansky foi o máis destacado


Sàbat

7 Foi de menos a máis. Empezou algo fallón no pase. Xogou toda a segunda parte e acabou a un gran nivel na dirección.

 Vasileaidis

7 Tardou en afinar a boneca, pero non se desesperou. Compensouno xerando xogo. Acabou atopando o tiro e foi unha mágoa a última bandexa.

 Singler

6 Non estivo moi cerebral coas faltas persoais que cometeu. A pesar de buscalas, non atopou as vantaxes preto do aro.

 Brodziansky

8 Convén non esquecer que é debutante. O máis inspirado en ataque, máis aló dalgún pecado de mocidade. Si chega a levantar o último rebote conságrase.

 Llovet

7 Sólidos atrás. Na canastra decisiva de Clark tapoulle a liña de pase a Kravtsov e obrigoulle a facer un tiro forzado, pero acabou entrando.

 Obst

6 Empezou moi acertado, asumindo tiros. Ás veces bótase en falta que asuma incluso máis.

 Pozas

4 Está a custarlle coller de novo o ritmo despois dun mes longo sen poder exercitarse. Poucas cousas saíronlle ao dereito. E coincidiu cos minutos de máis inspiración de Rupnik.

 Simons

7 É o soldado e tamén o tirador impasible. As que ten que tirar as tira, sen pestañear.

 Hlinason

5 Está a custarlle coller velocidade na súa progresión e sacar réditos do seu contextura física.

Spires

6Está a cumprir por encima das expectativas do seu rol.

David Navarro

- Apenas tres minutos en cancha, sen tempo para sumar ou restar.

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
3 votos
Tags
Comentarios

O 1x1 do Obradoiro en Fuenlabrada