Kostas Vasileiadis tardou nove anos en volver ser o mellor xogador da xornada

LA VOZ SANTIAGO

ANDAR MIUDIÑO

JAVIER BELVER

Conseguiuno por primeira vez coa camiseta do Obradoiro e ante o Gipuzkoa sumando 35 de valoración

11 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Kostas Vasileiadis foi a gran figura da xornada, o máis determinante do Obradoiro na súa vitoria ante o Zaragoza. O xogador grego, que está a asinar un gran campionato, volveu ser decisivo cos seus triplos e cos seus puntos: 33 puntos anotados, 10 triplos e 31 créditos de valoración para o aleiro.

Vasileiadis conseguiu ser «nove anos despois o xogador da xornada», polo que se mostra «moi feliz» polo resultado, o traballo e o esforzo. Agora, tras romper ante os maños a mala serie, o aleiro grego xa quere pensar no próximo compromiso, que será o sábado en Sar ante o Estudantes. «O noso pavillón ten que estar a lume de biqueira de enerxía para recibir ao Estudantes porque xuntos somos máis fortes», explicou Vasileiadis, que quere sumar o quinto triunfo. No curso 2009-2010, vestindo tamén a camiseta do Obra, logrou ante o Gipuzkoa 35 de valoración.

Outra das figuras foi Sàbat, que asinou un expediente con once asistencias que xeraron 32 puntos para o equipo. Pescamar doará 85 quilos de conservas ao Banco de Alimentos grazas ao traballo obradoirista. Por iso, o catalán apuntou que é unha enorme satisfacción «achegar para esta boa iniciativa e oxalá poidamos REVISAR coarnos moitas máis veces entre os mellores para seguir axudando». Sábat xa empezou a pensar no próximo compromiso: «O sábado temos un novo reto e pedimos á afección que nos animen como fan sempre. Temos ganas de seguir gañando e que mellor xeito de facelo que co apoio da nosa afección». Singler foi outro dos destacados, con 21 puntos (2 canastras de 4, 2 de 4 triplos, 11 de 12 tiros libres e 8 rebotes).