Triunfo do Obradoiro Peleteiro ante o Estudantes: 89-82

ANDAR MIUDIÑO

XOAN A. ADOITAR

Lidera a Liga Galega Júnior con pleno de vitorias

07 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Obradoiro Peleteiro levou o duelo de invictos ante o Estudantes no pavillón de Montouto, 89-82, nun gran partido de ambos os contendentes. Tras unha primeira parte de alternativas, na que os lucenses lograron irse ao descanso un punto arriba, o equipo de Camilo Riveiro asinou oito minutos extraordinarios nos que chegou a coller dezaseis puntos de renda. Funcionaba a defensa, os cortes cara a canastra e o triplo. O Estudantes reaccionou desde a defensa e os tiros libres. Chegou a achegarse a un punto no último cuarto. Os locais aguantaron o tirón. foto xoán a. adoitar