Quedan á venda algo máis de mil entradas para o partido ante o Real Madrid

ANDAR MIUDIÑO

SANDRA ALONSO

Nas dúas últimas visita do equipo branco non se colgou o cartel de cheo

17 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O domingo ás 17 horas visita Sar o Real Madrid, vixente campión da Liga Endesa e da Euroliga. As entradas custan entre 59 euros as máis baratas, nas bancadas de fondo, e 89 as máis caras, as de retráctil. Unhas e outras son as máis demandas. Ás oito da tarde quedaban por vender cen nas retractiles e 119 nos fondos. Nas tribunas elevadas había dispoñibles algo máis de seiscentas, e pouco máis de 250 en tribuna uno. En total algo máis de mil a cinco días para que se celebre o encontro.

Nas dúas últimas visitas non chegou a colgarse o cartel de cheo no Multiusos de Sar. A entrada quedou o pasado curso en 5.705 espectadores e o anterior en 5.760.

As 150 do derbi

Por outra banda, as 150 entradas que corresponden ao intercambio entre o Breogán e o Obradoiro para os derbis desta tempada, ao prezo de 19 euros, xa están adxudicadas. O mesmo día que o club anunciou que abría un prazo entre os seus abonados para que as solicitasen, e que as atendería por orde de petición, xa se cubriu a cota. De momento, o Breogán non sacou á venda as entradas para o partido da próxima semana.