Produtividade

Fran Camba O ESCÁNER

ANDAR MIUDIÑO

Juan García Cruz. LOF

26 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Os dezaoito equipos participantes na Liga Endesa 17/18 consumiron algo máis de 45.000 posesións e investiron o 34 % destes ataques en intentar anotar desde detrás do 6,75, unha mostra inequívoca da enorme importancia do lanzamento triplo no baloncesto moderno.

A eficiencia en termos globais foi de 1,06 puntos por tiro e un total de oito equipos, entre os que se atopan os catro conxuntos de Euroliga e o Obra, situáronse por amais desta eficiencia media.

A explicación á tendencia a consumir cada vez máis posesións cos lanzamentos triplos é relativamente sinxela. O resultado de anotar un triplo proporciona un incremento do 50 % nos puntos conseguidos con respecto a calquera outra zona do campo e cada vez hai máis xogadores capaces de anotar de forma consistente e absorbendo un volume alto de lanzamentos deste tipo, polo que resulta unha situación de xogo que proporciona unha gran vantaxe.

Un total de 24 xogadores intentaron máis de oito triplos por cada corenta minutos de xogo cunha eficiencia superior aos 1,06 puntos por tiro que se estableceu como anotación media durante o curso pasado.

Entre eses xogadores atópanse Ben Simmons e Kostas Vasileiadis como representación do que será o Obradoiro 18/19 e, entre as novas incorporacións, tamén superan estas cifras Andreas Obst, Kendall Stephens e queda moi preto Maxime de Zeeuw, confirmando a clara aposta do equipo por coidar este tipo de lanzamento.