Ben Simons segue no Obra

Ignacio Javier Calvo Ríos
NASO CALVO SANTIAGO / LA VOZ

ANDAR MIUDIÑO

ACB

A pasada tempada disputou un total de 31 partidos

20 jul 2018 . Actualizado ás 14:24 h.

O Obradoiro e Ben Simons acadaron un acordo para renovar o seu compromiso por unha tempada máis. O norteamericano, de 2,03 metros e 27 anos de idade, iniciará a súa segunda campaña ás ordes de Moncho Fernández.

No seu primeiro curso como obradoirista asinou unhas medias de 5,9 puntos (48,7 % en tiros de dous, 40,4 % en lanzamentos triplos e 75 % en tiros libres), con 1,4 rebotes en 14,3 minutos de xogo. Disputou un total de 31 partidos.

«Para nós a continuidade é un valor e no caso de Ben Simons estamos seguros de que se notará o seu ano de adaptación á Liga Endesa e ao club», explicou José Luis Mateo, director xeral do Obradoiro. Ao mesmo tempo, comentou que «esta tempada partirá en maior medida desde a posición de aleiro e agardamos a súa contribución ao equipo desde o lanzamento exterior».