Albert Sabat : «quedas amolado, pero enseguida tes que cambiar o chip»

La Voz

ANDAR MIUDIÑO

PACO RODRÍGUEZ

O base analiza a xogada na que Oleson lle roubou o balón

15 feb 2018 . Actualizado ás 21:25 h.

Albert Sabat completou ante o Murcia un partido notable. Mandou no primeiro cuarto e anotou un par de triplos no terceiro acto moi valiosos, nun choque especialmente trabado. Pero no tramo final da prórroga, Oleson, un dos mellores defensores da Liga Endesa, rouboulle un balón con 66-63 no marcador e menos de dous minutos por diante. O base lembra esa acción e o que se lle pasa pola cabeza no momento: «A verdade é que non moi boas cousas. Levaba un cambio de man e el chégame desde o lado contrario e non o vexo. Róubama claramente. quedas amolado, pero enseguida tes que cambiar o chip e pensar na seguinte».

Quedou o bo sabor de boca de que, finalmente, a vitoria foi para o Obradoiro, no medio da éxtase propiciada pola canastra de Matt Thomas sobre a bucina: «Nos finais axustados gústalle decidir e faino perfectamente. Era un tiro difícil, pero ten moita calidade e é capaz de meter esas canastras».

A dureza da contenda e o devir da mesma non o colleron por sorpresa: «Os últimos tres partidos contra Murcia decidíronse ao final. Xa sabiamos, pola ida, que ía ser un partido moi disputado, de moita intensidade. Creo que estivemos bastante ben, loitamos para gañar e, contentos por conseguilo».