A afección elixe a Pepe Pozas como o mellor xogador de novembro

ANDAR MIUDIÑO

Cedida

David Navarro e Nemanja Radovic empataron na segunda posición

13 dic 2017 . Actualizado ás 17:22 h.

A afección do Obradoiro, cos seus votos a través de Twitter e Facebook, elixiu a Pepe Pozas como o Xogador Estrela do equipo en novembro, nun mes que se saldou con tres vitorias ante Murcia, Gran Canaria e Tenerife. O base andaluz levou o 59 % dos votos. En segunda posición empataron David Navarro e Nemanja Radovic, cun 20,5 % cada un.

Pozas, que recibiu a súa distinción na Cervexería Cortés, de Sigüeiro, mostrouse encantado coa distinción e repartiu méritos: «Estou moi contento e agradecido a toda a xente que votou en redes sociais e sobre todo aos meus compañeiros de equipo. Fixemos un bo mes de novembro, tanto como equipo como de xeito individual, e isto é un pequeno recoñecemento a ambas as partes».

Tamén tivo palabras para o choque desta fin de semana ante o Real Madrid: «Vai ser moi complicado, contra o líder da Liga , que conta con grandísimos xogadores. Non estaría mal fixarse no partido do ano pasado por toda as ganas e actitude que tivemos, para intentar levarnos a vitoria en casa este domingo ante a nosa afección».