O Obradoiro quere recuperar o sorriso ante o pechacancelas

LA VOZ SANTIAGO

ANDAR MIUDIÑO

LOF

O Burgos asina un balance de 0 vitorias e 4 derrotas

17 oct 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O Obradoiro, tras o duro golpe sufrido no Palau ante o intratable Barcelona, xa empeza a cargar as pilas pensando no duelo do sábado (20.00 horas) fronte ao recentemente ascendido Burgos. En Sar, contra un dos equipos que deberá pelexar pola permanencia, o cinco de Moncho Fernández non pode fallar. O pechacancelas da Liga Endesa, cun balance de 0 vitorias e 4 derrotas, arribará á capital galega en busca de osíxeno ante un Obra que terá que esquecer canto antes o marcador que sufriu en terras catalás e recuperar o ton das dúas xornadas disputadas en casa (Zaragoza, 80-74, e Joventut, 77-68). O Burgos non coñece a vitoria na Liga Endesa: Tenerife (65-81), Unicaja (93-72), Barcelona (111-81) e Estudantes (72-87).