Artem Pustovyi é o líder na clasificación de tapóns

LA VOZ SANTIAGO

ANDAR MIUDIÑO

LOF

Xa puxo once en catro xornadas, cunha media de 2,75 por encontro

24 oct 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O pivote Artem Pustovyi logrou coarse entre os máis da cuarta xornada grazas aos catro tapones colocados na partida fronte ao Barcelona. O obradoirista colócase así no primeiro posto na táboa de tapóns. Xa puxo once en catro partidos cunha media de 2,75 por encontro. Por iso, Pescamar, membro do club de empresas do Obra, doará catro quilos das súas conservas ao Banco de Alimentos de Pontevedra.

O pivote obradoirista confesou que está «moi contento» porque co seu traballo na pista a xente que o necesita recibe a axuda por parte desta empresa. «Seguirei traballando duramente para que poida suceder con máis frecuencia», apunta o xogador.