Demetrio Salgueiro tomou posesión como alcalde en Xove

La Voz XOVE/LA VOZ

XOVE

Pepa Losada

O pleno de constitución da corporación durou aproximadamente media hora e foi "cordial"

15 jun 2019 . Actualizado ás 12:29 h.

Media hora durou o pleno de constitución da corporación municipal en Xove, no que Demetrio Salgueiro tomou posesión como alcalde e entra na súa lexislatura número 4, a terceira con maioría absoluta. Suma xa doce anos no cargo, lembraba ao termo do pleno. Foi unha sesión "cordial dixo_ e na que expresei a miña vontade de ter unha lexislatura de colaboración, porque vos veciños piden xente que traballe e preocúpese por mellorar ou pobo e servizos que sexan de calidade. Tamén expresei a miña vontade de tender a man á oposición para sacar adiante todos vos proxectos e que este sexa un goberno sen siglas partidistas".

O PP ten sete edís e o BNG catro. O vindeiro mércores, ás 19.30, celebrarase o pleno de organización "onde xa distribuiremos as responsabilidades do equipo de goberno", avanzou Salgueiro.