Tres coches implicados nun accidente na curva de FP en Viveiro pero sen feridos

La Voz VIVEIRO/LA VOZ

VIVEIRO

Policía Local de Viveiro (imagen de archivo)
Policía Local de Viveiro (imaxe de arquivo) PEPA LOSADA

O accidente foi aparatoso e interrompeu temporalmente a circulación na zona

19 jun 2021 . Actualizado ás 15:02 h.

A Policía Local de Viveiro tivo que intervir onte á noite, sobre as 23.00 horas, nun accidente que se rexistrou na chamada curva de FP, ao lado da entrada principal ao IES María Sarmiento, no inicio de Cantarrana, no que houbo tres coches implicados pero, afortunadamente, segundo sinalaron desde a xefatura policial, non houbo que lamentar feridos. Si que a circulación viaria se viu notablemente afectada debido a que o accidente resultou ser bastante aparatoso e temporalmente interrompeu o paso do resto de vehículos por esa zona, sendo necesaria a regulación do tráfico nese punto da LU-862, o quilómetro 84,500.