Libre un burelense detido en Viveiro con catorce dose de cocaína e heroína

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

Imagen de arhivo de una patrulla de la Policía Nacional en Viveiro
Imaxe de arhivo dunha patrulla da Policía Nacional en Viveiro PEPA LOSADA

A Policía Nacional incautoulle en total 9,5 gramos de droga

31 jul 2020 . Actualizado ás 19:37 h.

Nunha operación enmarcada no «dispositivo contra o tráfico de drogas na Mariña», a Policía Nacional de Viveiro detectou o pasado martes na zona portuaria de Viveiro a un veciño de Burela «en actitude sospeitosa», dentro do seu coche. Procedeu a identificalo e, nun «rexistro superficial» atopoulle unha bolsa de plástico onde «portaba 7,5 gramos de cocaína distribuídos en once dose, 2 gramos de cocaína repartidos en tres dose e un anaco de haxix». Tamén lle achou 40 euros en dous billetes de 20, que considera «compatible con vendas previas de polo menos dúas doses».

A Policía detívoo e, tras pasar a noite en Comisaría, ao día seguinte declarou no xulgado de Viveiro, quedando libre. Con el estaba outro veciño de Burela, engade a información oficial, quen estaba fumando un porro, que lle foi intervido. Por consumilo en vía pública, propono para sanción administrativa.