Viveiro reparte 500 máscaras feitas por voluntarios

La Voz BURELA / LA VOZ VIVEIRO / LA VOZ VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

cedida

96 voluntarios confeccionaron as máscaras

04 abr 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Viveiro comezou a repartir o primeiro lote de 500 máscaras elaboradas polos 96 voluntarios que forman parte da iniciativa xestionada polo concello para a elaboración e distribución deste elemento de protección.

«En apenas tres días coséronse unhas 500 máscaras, que foron entregadas nas dúas residencias de maiores existentes non municipio e non centro de saúde. Haberá tamén distribución nos supermercados, farmacias ou estacións de servizo, establecementos onde hai traballadores e traballadoras expostas», sinalaba onte a alcaldesa, María Loureiro, que agradecía o labor dos voluntarios.