Veciños de Viveiro, Covas e Celeiro na festa do cocido de Lalín

La Voz

VIVEIRO

CEDIDA

18 feb 2020 . Actualizado ás 21:17 h.

Máis mariñáns, conquistados por outro cocido, o de Lalín. Un total de 55 veciños de Viveiro, Covas e Celeiro viaxaron á famosísima festa gastronómica galega na localidade que tamén lles mostraba a mellor «careta» do entroido: a dos cigarróns e as pantallas. Tamén pararon en Ourense, coa tradicional foto (arriba) nas Burgas.