Identificado o autor de danos sempre nos mesmos coches nun aparcadoiro de Viveiro


viveiro / a vozfoz / a voz

A Policía Nacional de Viveiro identificou a unha persoa como autora de danos -ata en dez ocasiones- sempre nos mesmos vehículos que se atopaban nun aparcadoiro da rúa Bergantín Palomo, en Viveiro.

«Os feitos viñan ocorrendo desde 2017 na rúa Bergantín Palomo e as vítimas eran sempre as tres mesmas persoas, o que centrou a investigación nalgún tipo de vinganza ou animadversión persoal do autor cara ás mesmas, xa que no garaxe comunitario de tres plantas aparcan un gran numero de vehículos», sinalan desde a Comisaría.

«Unha das vítimas, por mor dos últimos danos rexistrados na súa motocicleta no pasado mes de xaneiro e cuxo coche tamén fora obxecto de danos en polo menos dúas ocasións no 2018, optou por instalar un dispositivo de videovigilancia interna nos seus vehículos, que permitiu gravar ao autor dos feitos e ser sorprendido “in fraganti” polo prexudicado», engaden.

O autor, residía na localidade desde 2017, data en que comezaron os danos, e aproveitaba o acceso ao aparcadoiro facéndose pasar por empregado dunha coñecida empresa de mantemento que realizaba labores propios no devandito lugar, segundo a Policía.

As denuncias foron recompiladas e deuse conta da investigación ao Xulgado de Garda da localidade viveirense.

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
6 votos
Comentarios

Identificado o autor de danos sempre nos mesmos coches nun aparcadoiro de Viveiro