A medianoite coñecerase a sorte de David e Aitana na cita de Miss e Míster España

La Voz VIVEIRO/LA VOZ

VIVEIRO

CEDIDA

19 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A Mariña, como xa se informou hai días nestas mesmas páxinas, ten a dous veciños metidos de cabeza no certame de Miss e Míster España pois son dous dos seis represantes masculinos e femininos de Galicia que chegan ao concurso. Desde a súa comarca natal deséxaselles toda a sorte do mundo e oxalá xa o luns podramos dicir que temos gañadores nesa convocatoria.

Lembremos que David Quevedo é de Viveiro, ten 19 anos e estuda Químicas na Universidade da Coruña. Aitana Paradela é natural de de Foz, ten 21 anos de idade e estuda Linguas na Universidade de Santiago de Compostela. El compite en Míster España e ela en Miss España.

Gala por «streaming»

Celebrarase este domingo día 19 a partir das nove da noite no hotel Porta América de Madrid e poderá seguirse en streaming na seguinte ligazón:

https://tv.missymisterespana.org/#/content/