Solicitan tres anos de prisión para un viveirense que tiña dúas pistolas modificadas

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

Imagen de archivo de una pistola detonadora
Imaxe de arquivo dunha pistola detonadora XOÁN CARLOS GIL

Ambas estaban «capacitadas para efectuar disparos», e el carecía de autorización e de permiso de armas

13 ene 2020 . Actualizado ás 17:33 h.

Acusado dun suposto delito de «tenencia ilícita de armas modificadas», este mércores será xulgado no Penal 2 de Lugo un viveirense que segundo a Fiscalía «tiña na súa poder» dúas pistolas «capacitadas para efectuar disparos». Polo menos iso di a acusación pública, que solicita para o home sexa condenado a tres anos de prisión.

No escrito do Ministerio Público non se explica como nin cando houbo constancia oficial de que o viveirense posuía as armas. Si detalla que unha era unha pistola detonadora á que lle axustaron un canón que permitía «facer lume con ela» con artillería de 6,35 milímetros. A outra era un revólver que, «a pesar do seu mal estado de conservación», podería usarse para disparar. Segundo a Fiscalía o acusado carecía de autorización legal para telas e de permisos de armas.