A xuízo por ameazar á súa parella e aos fillos dela en Viveiro

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

ALBERTO LÓPEZ

A acusación pública pídelle nove meses de prisión

14 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Por un presunto delito de ameazas contra a súa parella sentimental e os fillos dela, na vivenda que compartían en Viveiro, será xulgado este mércores no Penal 2 de Lugo un home para quen a Fiscalía solicita unha pena de nove meses de cárcere. Segundo a acusación pública, durante unha discusión, «con ánimo de amedrentala, a berros e violentamente díxolle: 'Vouvos matar, vou queimar a casa convosco dentro'».