Este sábado chega ao seu fin en Viveiro a Trastenda de Nicomedes

La Voz VIVEIRO/LA VOZ

VIVEIRO

XAIME RAMALLAL

04 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Se aínda está en «modo pendente» o agasallo de Reyes a un fillo, unha nai ou un avó hai opcións moi especiais aínda á vista. Por exemplo, un paseo pola Trastenda de Nicomedes, mercado do Nadal aberto en Viveiro na sala multiusos do concello desde o pasado 20 de decembro, pode facilitar moito a elección e ata hai moitas probabilidades de acertar. Aínda que se entra dentro da axenda persoal esa visita (que pode facerse en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas) hai que darse un pouco de présa pois a iniciativa comercial da Asociación Cultura Proa chega ao seu fin. Clausúrase este sábado día 4 ás 21.30.