UNED organiza cursos en aulas de Foz e Viveiro

La Voz

VIVEIRO

PEPA LOSADA

03 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Son varios os cursos programados para o que queda de ano e o seguinte nas aulas universitarias de Foz e de Viveiro. Na primeira, por exemplo, impartiranse «Educación afectivo sexual: recursos para a igualdade» do 9 ao 13 deste mes de decembro, mesmas datas que están previstas para outros titulados «Coidados ao ancián» e «Biodiversidade e conservación mariña» na súa cuarta edición. En Viveiro, estes días 4 e 5, será o de «Diversidade étnico-racial». Máis información en senllas aulas universitarias de UNED.