Alarma por un incendio nunha cheminea en Area, en Viveiro

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

PEPA LOSADA

19 novs 2019 . Actualizado ás 20:39 h.

Nas últimas horas da tarde deste martes rexistrouse no barrio de Brieiro, na parroquia de Faro, en Area, municipio de Viveiro, un incendio nunha cheminea que xerou certa alarma entre quen viron circular pola zona aos equipos de urxencias. Nada máis coñecer o incidente, ao lugar desprazáronse efectivos da Policía Local de Viveiro así como dos bombeiros do parque viveirense, que puxeron fin á incidencia con axilidade. Non houbo feridos nin foi necesario evacuar a ninguén.