Catro mil euros para o que gañe o Premio de Novela Vilar Ponche en Viveiro

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

XAIME RAMALLAL

28 ago 2019 . Actualizado ás 20:39 h.

O Concello de Viveiro ten xa listas as bases de participación no segundo Premio de Novela Vilar Ponche, un certame que se convoca «coa finalidade -lembran- de render homenaxe aos escritores Antón e Ramón Vilar Ponche e asemade, apoiar e difundir a literatura en lingua galega». Tanto a extensión como a temática das obras é libre e cada orixinal será presentado en catro copias en papel, sen firma pero con título e lema en sobre pechado.

O prazo de presentación acabará o próximo 31 de outubro e o lugar será o Concello de Viveiro. Tema destacado tamén é o da contía dos premios, pois haberá un primeiro de 4.000 euros e un segundo de mil, coas súas correspondentes placas e diplomas. A entrega será no Pastor Díaz.