Condutores descoidados ou sinais febles en Viveiro?

La Voz VIVEIRO/ LA VOZ

VIVEIRO

PEPA LOSADA

Indicadores do aparcadoiro do peirao vello aparecen inclinados ou tirados cinco semanas despois de instalarse

25 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Pouco máis de cinco semanas pasaron desde que o 18 de xullo Viveiro recuperou o aparcadoiro do peirao vello. Sumou cen prazas de estacionamento gratuíto ás duascentas que había nese espazo, preparado por Portos tras concluír a demolición de galpóns que Viveiro comezou a pedir hai 26 anos. Desde hai días polo menos sete dos sinais verticais apareceron inclinadas, pero este sábado unha estaba tirada. Condutores descoidados ou sinais febles?, pregúntanse viveirenses.