Incidencias menores na Mariña, sobre todo caídas de árbores sobre estradas, polo temporal

La Voz BURELA/LA VOZ

VIVEIRO

PEPA LOSADA

En Burela estivo a piques de caer un sinal de grandes dimensións sobre o viario de entrada pola Marosa

07 jun 2019 . Actualizado ás 11:20 h.

Os bombeiros tanto de Viveiro como de Ribadeo tiveron algo de traballo na pasada xornada polo paso de "Miguel", a ciclonégesis. Debido ao temporal, que rexistraba ás cinco da tarde de onte o refacho máximo de vento en Galicia en Penedo do Galo (Viveiro) de máis de 130 quilómetros por hora, caeron árbores sobre viarias da comarca por exemplo na N-634 en Vilamar, en San Martiño ou no Valadouro, entre outros puntos, que tiveron que ser cortados e retirados. As incidencias, en xeral, foron menores, dese tipo. Aínda que en Burela, segundo fontes consultadas, estivo a piques de caer sobre as 23.45 horas un sinal de grandes dimensións sobre a estrada e un farol, que foi suxeitada debidamente para evitar males maiores.