Como era a vida a bordo da fragata Magdalena

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

cesar toimil

O director do Museo Naval de Ferrol, Bartolomeu Cánovas, presenta a súa obra en Viveiro este venres

20 mares 2019 . Actualizado ás 20:00 h.

Venres 22 • 20.30 horas • Conservatorio Profesional de Música (planta baixa) • Magdalena. Xentes de Mar e Guerra é o nome do libro que mañá presentará o seu autor, o director do Museo Naval de Ferrol, Bartolomeu Cánovas Sánchez. Segundo explican, «non é unha obra máis que trata o naufraxio da fragata Magdalena e do bergantín Palomo na ría de Viveiro. Ten, a maiores, un importante carácter divulgativo, pero non só nos ensina como sucedeu tal desgraza, que si; engade, e niso diferénciase e outros autores que escribiron sobre o mesmo tema, como era a vida a bordo naquel tempo, cales eran as funcións e cales eran os tipos de tripulantes naquelas ou similares embarcacións e as clases de armas e municións». O acto está organizado pola Armada, Concello e Real Liga Naval.