O comité desestima a denuncia do Foz polos 3 puntos fronte ao Viveiro

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

IVÁN DÍAZ ROLLE

14 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Comité de competición e disciplina desestimou a denuncia do CD Foz na que alegaba aliñación indebida de Yoel no derbi disputado en Preferente Galicia no Martínez Otero, no que o Viveiro venceu por 1-3. O comité considera probado que o xogador do Viveiro non estaba de baixa médica, pero non carga ao Foz cos gastos da reclamación ao considerar que estaba xustificada porque o xogador, en efecto, figuraba erroneamente como lesionado.