Este mércores presentan o libro 'Cenx100' en Viveiro

É unha iniciativa da Asociación Sociocultural ASCM de Ferrol levada a cabo con centenarios galegos


VIVEIRO/LA VOZ

Mércores 13?•?11.30 horas?•?Residencia Domus Vin Viveiro?•?Cenx100 é o título dunha obra que foi froito dun proxecto da Asociación Sociocultural ASCM con sede en Ferrol no que quixo reflectir as vivencias de cen centenarios galegos «potenciando, así, o envellecemento activo da sociedade». Ese é o seu obxectivo principal, xunto co de «salientar as vivencias dos galegos e galegas máis lonxevos da rexión». A iniciativa, que contou coa colaboración da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a visión fotográfica do artista Manuel Patinha, foi presentada no seu formato libro xa en Santiago, en Ferrol, en Noia, en Tui e en Sober. E agora tócalle en Viveiro.

A presentación de Cenx100 , e entrega de exemplares a centenarios e os seus familiares, será mañá ás 11.30 horas na Residencia Domus Vin Viveiro.

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
1 voto
Tags
Comentarios

Este mércores presentan o libro 'Cenx100' en Viveiro