Espazo +60 asesoras sobre como vivir con saúde e o 5 fará unha excursión a Lalín

E. G. VIVEIRO/LA VOZ

VIVEIRO

YOLANDA GARCÍA

Desenvolverá unha charla-coloquio con consellos no centro de Viveiro o día 23

22 ene 2019 . Actualizado ás 09:20 h.

Seguro que moitos quererían saber como vivir con saúde. Hai unha serie de consellos que Espazo +60 Afundación de Viveiro quere transmitir e que fará a través do emprendedor social viveirense Lucas Requejo que colabora con profesionais, nutricionistas, cociñeiros e grupos de investigación. Será o día 23 ás 18.30 horas. Ademais, os socios farán unha visita cultural a Lalín o próximo día 5 de febreiro, que inclúe degustación do famoso cocido (prezo: 30 euros por persoa). Inscriben no teléfono 982 560 798.