«É o espectáculo case da miña vida»

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA VIVEIRO/LA VOZ

VIVEIRO

martina miser

Hoxe chega a Viveiro con «Encerrona», o show que é o seu selo desde hai 30 anos

16 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Pasan das dez da mañá e a Pepe Viyuela pillámoslle en Santiago, xa en terra galega: «Esta tarde [onte] teño función na Estrada». E hoxe en Viveiro, tras ter presentado o pasado mes de marzo uno dos seus libros en RegalXunqueira. Aínda que agora é o Viyuela que moitos coñecemos, na súa faceta humorística máis propia e persoal pois Encerrona é el en estado puro.

?Volve a Viveiro. É porque quedou a carteira a última vez?

?(Ri). Non, foi unha casualidade. Despois de presentar o libro en Regal, ás poucas semanas chamáronme para actuar aí. Para min foi unha sorpresa moi agradable.

?Fala pouco en Encerrona.

?É humor visual, véñoo facendo desde hai 30 anos, funcionoume moi ben e gústame moito. Esta é a función coa que levo máis anos. É o espectáculo case da miña vida. Empecei con Encerrona con 20 e pico anos e agora que teño 55 sigo co. Non me canso. Gústame moitísimo. É o tipo de humor que empecei facendo, hei ir desenvolvendo e co que aprendín moito. É o selo polo que me coñece sobre todo a xente maior. Os mozos coñécenme máis por Aída, que é outro xénero de comedia.

?É humor visual, como di. Porque hoxe, xa ve, hai humor que parece que hai que medir, ou «cortarse», á hora de falar.

?É un momento bastante perigoso para o humor e en xeral. Vivimos unha coerción da liberdade de expresión. Non falaría aínda de represión, pero si de censura encuberta e sibilina que nos leva non só a ter coidado co humor senón tamén co que un escribe, mesmo nun xornal(...) Creo que se nos está inoculando o virus da autocensura.

?Dígoo tamén por certos sketchs. Hai décadas facíase un tipo de humor ou comentarios que hoxe sairían mal parados.

?Nalgunhas cousas evolucionamos a mellor pero noutras temos que ter coidado porque pasamos a un terreo perigoso. Hai cousas de hai décadas que non pasarían o filtro hoxe. En determinadas circunstancias pódoo entender. Aínda que o humor non debe ter límites por parte do creador nin das institucións. Os límites tenos que pór a xente. As institucións non deberían pór tanto a lupa no que dicimos os cómicos, os bufóns, porque o que facemos non deixa de ser ficción e é dentro do ámbito do humor.

?Que tipo de humor non faría?

?Cando sexa ferinte cunha vítima roza o intolerable. Ou para humillar a alguén deliberadamente, dunha forma sanguenta. Noutros contextos, non debería ter fronteiras. O humor é moi liberador, sobre todo cando un fai humor cun mesmo. Eu, por exemplo, son moi cruel comigo mesmo. Pero á hora de facelo con colectivos que están a sufrir, hai que ter coidado. Normalmente o humor vai contra o poder e aí é unha forma de crítica. Cando se fai contra colectivos minoritarios ou desfavorecidos, para min non ten graza.

?Está en Pallasos sen Fronteiras.

?Si. Falamos de persecución ou represión en lugares de guerra ou onde houbo algunha catástrofe natural, onde sempre a poboación é máis débil e a infancia sofre máis as consecuencias. Oxalá non tivésemos tanto traballo. Hai 25 anos que existe e eu entrei a formar parte aos dous anos de crearse [foi vicepresidente].

?En Internet elevárono á categoría de meme (en ForoCoches, por exemplo) e existe en Twitter a conta «A mesma foto de Pepe Viyuela todos os días».

?(Sorrí). Non entendo por que existen esas cousas. Faime graza, non deixa de ser curiosa unha páxina que coa mesma fotografa todos os días teña visitas. Que interese pode ter iso? Paréceme estraño que ocorra. Ou pór a miña cara noutros personaxes. A min non se me ocorreu nunca [ri], pareceríame un exercicio de narcisismo insoportable. Hai anos que vin a páxina da mesma foto todos os días, pero comprobo que continúa.