Arde unha lancha de recreo no porto de Celeiro

S.Ou. VIVEIRO/ LA VOZ

VIVEIRO

Patricia Losada

Bombeiros de Viveiro extinguiron o lume que calcinou á embarcación Amencer

11 novs 2018 . Actualizado ás 19:36 h.

Bombeiros de Viveiro, nun despregamento no que tamén se mobilizaron a Policía Nacional de Viveiro e a Policía Local de Viveiro, extinguiron o incendio rexistrado esta tarde nunha lancha de recreo no porto de Celeiro. A embarcación, de nome Amencer, estaba na mariña seca, nun remolque dos que se empregan para transportala por estrada. Descoñécense as causas do lume, aínda que testemuñas indican que comezou tras oírse unha explosión. A embarcación quedou calcinada.

Pasadas as seis da tarde deste domingo saltaron as alertas por unha extensa fumareda que saía do porto de Celeiro e víase desde diferentes puntos de Viveiro. Ata que se ha ir aclarando o sucedido, causou inquietude entre os numerosos veciños que se decataron do suceso. Distintas fontes confirman que non houbo que lamentar feridos.