O Conservatorio de Viveiro acollerá do 25 ao 28 o terceiro Obradoiro de Banda

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

Xa hai matriculados máis de 70 alumnos

22 jun 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Conservatorio de Música de Viveiro acollerá do 25 ao 28 de xuño o terceiro Obradoiro de Banda, organizado pola Banda O Landro, que dirixe Carlos Timiraos. No seminario xa hai matriculados ao redor de 70 alumnos de poboacións como Viveiro, Ribadeo, Foz, Burela, Xove, Outeiro de Rei, Rábade ou Santiago de Compostela. Todos chegan atraídos pola calidade dos profesores que impartirán as sesións, e que contan cunha traxectoria musical ampla e destacable na súa especialidade. Ademais dos locais Rodrigo Rodríguez e David Belas, impartirán o seminario Nicolás Naval (trompa), Carmen María Ferreiro (frauta), Guillermo Collazo (tuba), Marcos Rodríguez (percusión), Manuel Montero (clarinete) e Adrán Real (trompeta). A cita culminará o xoves 28 cun concerto nos xardíns Noriega Varela que, en caso de choiva, trasladarase ao teatro Pastor Díaz.