A historia de amor de Elisa e Marcela chega ao Pastor Díaz

La Voz

VIVEIRO

MARCOS MÍGUEZ

17 feb 2018 . Actualizado ás 19:52 h.

Sábado 17 •?20.30 horas?•?Teatro Pastor Díaz?•?«Ano 1901. A Coruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home». Así comeza a trama de Elisa e Marcela que A Panadería achegará hoxe a Viveiro, dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Dura 75 minutos e está dirixida ao público adulto. «Unha historia ?continúan explicando? de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas». O verdadeiramente rechamante desta obra teatral é que está baseada na realidade. «As cómicas da Panadería presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde ou verídico parece invento», finalizan.

Está dirixida por Gena Baamonde e as actrices son Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.